Deputación non debe “tapar” a irregularidade do Concello de Arteixo no caso da nave de Bombeiros

Arteixo non podía vender unha parcela que era unha cesión da Deputación para o corpo de seguridade

A posible construcción doutra nave para os bombeiros comarcais en Morás non pode servir para “correr un tupido velo” sobre a decisión, a todas luces ilegal, do Concello de Arteixo de vender a parcela que a Deputación lle cedera para dedicala ao Consorcio Provincial como sede do corpo de emerxencia.

“Podemos ver con bos ollos a construción dunha nova sede de bombeiros nun predio máis apropiado, pero tamén hai que facer fronte ás denuncias sobre o irregular proceder municipal ao vender unha parcela provincial que tiña cedida de outra administración pública”, dixo Ángel García Seoane sobre o futuro convenio para reubicar os bombeiros.

Comparte esta nova!