besta

A Deputación desbloquea a obra da estrada Mera-Veigue

Ante o incumprimento das obrigas da empresa adxudicataria, a Deputación deu por finalizado o contrato de ampliación desta estrada. Agora iniciarase unha nova licitación para poder finalizar as obras.

Este asunto someterase a aprobación no próximo pleno provincial para sacar a obra a contratación, que estaba paralizada despois de que a empresa adxudicataria incumprira o contrato. “Lamentablemente pasou moito tempo, porque este tipo de cousas son moi complicadas na administración, cando unha empresa non cumpre”, comentou o deputado provincial Ángel García Seoane.

Esta vía, de 2 km de lonxitude, conecta Mera e Veigue coa vía Ártabra. Con esta obra crearanse beirarrúas e ampliarase a calzada. Ten un importe de 575.816,35 euros.

Novas relacionadas