A Deputación atende as peticións de Alternativa e subvenciona a canalización do río Maior

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Deputación atende as peticións de Alternativa e subvenciona a canalización do río Maior

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O próximo pleno provincial, que se celebra o vindeiro venres día 30, vai aprobar unha subvención ao Concello de Sada de 378.000 euros para abordar a mellora da canalización do río Maior e acabar coas graves problemas das inundacións que sofre a localidade. Alternativa dos Veciños leva denunciado a desidia da Deputación e da Xunta para resolver este asunto en reiteradas ocasións, tanto a través de diversas publicacións informativas como por medio do deputado provincial Ángel García Seoane nos plenos da Deputación.

“Na comisión da Deputación que se celebrou a semana pasada acordouse outorgar esta subvención ao Concello de Sada, que era moi esperada, para que non volva haber inundacións. Agora aprobarase no pleno, que é o importante. A esta cantidade terase que sumar a aportación da Xunta e a do Concello, que é pequena, para poder abordar esta obra tan necesaria canto antes”, dixo o deputado de Alternativa dos Veciños García Seoane.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!