[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A Deputación amplía o servizo de teleasistencia para persoas maiores
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, a Deputación da Coruña vai ampliar a teleasistencia que se presta actualmente aos concellos de menos de 50.000 habitantes. Aqueles cidadáns que precisen deste servizo gratuíto, teñen que solicitalo no seu respectivo Concello.
A través da liña telefónica, con só pulsar un botón nunha pulseira ou nun medallón, que levan encima constantemente, as persoas usuarias poden entrar en contacto verbal “mans libres” as 24 horas do día e os 365 días do ano con persoas preparadas para dar resposta adecuada ás crises presentadas, poderase tamén incorporar tecnoloxías útiles e dispoñibles para a detección de situacións de risco e para a protección persoal e doméstica, tales como detectores de fume, lume, fuga de gas e sensores de movemento entre outros.
“Estamos vendo noticias todos os días de persoas que viven soas, que aparecen mortas despois de semanas sen que ninguén se preocupe por eles, esquecidos polas súas familias,… que necesitan agarimo e asistencia. Pois ben, a Deputación vai ampliar o servizo de teleasistencia que lle presta aos concellos, para que as persoas que vivan soas poidan ser atendidas de inmediato con só pulsar un botón”, comentou o deputado provincial de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]