sym

Alternativa dos Veciños segue a demandar o inicio inmediato da obra de Sol y Mar

O Goberno municipal de Alternativa está a demandar o inmediato inicio das obras de construción dunha rotonda en superficie e un túnel inferior na N-VI ao seu paso por Perillo, na zona coñecida como Sol y Mar. Representantes do Goberno local mantiveron unha reunión coa Demarcación de Estradas na que demandaron o inmediato inicio desta importante obra para a mellora da mobilidade do conxunto da comarca.

“É alarmante que siga sen comezar esta obra. Non sei a que están esperando. É incomprensible que tendo que empezar un mes despois da sinatura do contrato non apareza a obra por ningún lado. Paréceme escandaloso que podendo levar xa un par de meses traballando vaian empezar ás portas do verán, xusto cando máis problemas de tráfico vai haber”, dixo o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.

Novas relacionadas