Decenas de persoas reclaman a apertura da hostalería en Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Decenas de persoas reclaman a apertura da hostalería en Oleiros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Decenas de hostaleiros e veciños de Oleiros participaron na concentración convocada polo Concello en Santa Cristina. A celebración deste acto veu motivada polas arbitrarias decisións da Xunta de Galicia no municipio que manteñen pechados os negocios de hostalería desde o pasado 14 de maio, malia que a situación sanitaria en Oleiros é a máis favorable desde que comezou a pandemia.

A día de hoxe, a cifra de casos activos de covid en Oleiros é de 23 persoas. Ademais todos os índices de incidencia acumulada de contaxios a 7 e 14 días son tamén moi baixos, polo que a declaración de Oleiros como municipio en risco alto non se pode soster por máis tempo.

O alcalde, Ángel García Seoane, interveu antes de finalizar a concentración para manifestar a indignación do Goberno de Oleiros ante a inxustiza cometida pola Xunta de Galicia coa hostalería de Oleiros, á que se lle impediu traballar pese a que todos os indicadores do Sergas situaban ao municipio en risco medio-baixo. García Seoane reclamou que a Xunta de Galicia abrira de inmediato a hostalería en Oleiros.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!