Decenas de persoas concéntranse en apoio á directora do Colexio Luis Seoane

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Decenas de persoas concéntranse en apoio á directora do Colexio Luis Seoane

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Máis dun cento de persoas concentráronse esta mañá ante o Colexio Luis Seoane en apoio á directora do centro, á que a inspección de educación obrigou a dimitir do seu cargo. Ademais de centos pais, nais e alumnos do centro, numerosos veciños e veciñas participaron nesta concentración convocada pola ANPA, así como o alcalde e varios concelleiros e concelleiras.

“A noticia que dá a Xunta dicindo que a directora do Colexio de Canide presentou a súa dimisión é mentira. Obrigárona a firmar que é moi distinto, usando métodos que crin desaparecidos, coma facían antigamente nos réximes fascistas. E insisto, a directora non ten culpa de nada, os sucesos aconteceron fóra do recinto escolar. Estamos ante unha profesional exemplar, unha gran directora que conta co apoio total do pobo de Mera, de toda a comunidade educativa de Oleiros e tamén con todo o meu apoio como alcalde de Oleiros. Poñereime á fronte con todos os veciños e veciñas que queiran loitar para manter a esta persoa de directora no centro de Canide”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

A responsabilidade do grave suceso acontecido o pasado martes cun neno que quedou no bus durante toda a mañá é da compañía de transportes e da persoa que realiza as tarefas de acompañamento e coidado no autobús, contratados pola Xunta de Galicia. É, polo tanto, a Xunta a responsable deses feitos tan graves e intolerables, non a directora do centro. “O que nos seguimos a preguntar moitos é como pode suceder algo tan grave nun autobús cando hai un condutor e unha persoa encargada de controlar os nenos e nenas que suben e os que baixan. Ese autobús que despois de deixar aos nenos supostamente ten que desinfectarse o como non se deron conta? Non o desinfectaron? Que fai a Xunta de Galicia que é quen contrata o servizo de transporte e por tanto a responsable de todo isto?”, comentou García Seoane.

O alcalde dirixiuse por escrito ao Conselleiro de Educación para que actuará ante o grave atropelo cometido coa directora do CEIP Luis Seoane. “A actitude do conselleiro foi totalmente distinta á da inspectora e á do xefe territorial de educación, que nin se dignou a atenderme por teléfono. Despois da carta que lle enviei onte, o conselleiro chamoume pola tarde e estivemos conversando sobre o tema. Polo que el me transmitiu agardo que haxa cordura e que actúe como ten que facelo”, explicou o alcalde.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!