Costas do Estado, un departamento tan dilixente e espabilado para desfacerse de obras a medio facer na ría do Burgo ou para evadir as súas responsabilidades en Santa Cruz, en cambio non o é para localizar as obras que ilegalmente os particulares realizan perto da costa.
Así acontece nuha vivenda de Bastiagueiro, localizada polo Concello e polo que o puxo en coñecemento da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia. Ademáis de estar en zona protección costeira tamén está nuha zona verde contemplada no Plan Xeral.
A persoa propietaria da finca onde se fixo a obra non solicitou licencia, e ademáis dase a circunstancia de que nese lugar estaba a caseta que o dictador Francisco Franco utilizaba cando ía bañarse a esta magnífica praia oleirán. Se solicitase licencia tampouco a obtería, xa que a parcela está considerada zona verde. As obras consisten en edificar novas estancias e realizar unha pérgola, algo completamente ilegal.
O Plan Xeral de Oleiros especifica o que se pode e o que non se pode facer en cada palmo do municipio. Ninguén pode saltarse esta normativa que converteu a este concello nun exemplo de legalidade urbanística, sen establecer distinción entre os propietarios do solo.