[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños advirte da falta de investimento nas estradas provinciais
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwaWQlM0QlMjdhdWRpb18yODk5ODIyMCUyNyUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTI3MCUyNyUyMGFsbG93ZnVsbHNjcmVlbiUzRCUyNyUyNyUyMHNjcm9sbGluZyUzRCUyN25vJTI3JTIwaGVpZ2h0JTNEJTI3MjAwJTI3JTIwc3R5bGUlM0QlMjdib3JkZXIlM0ExcHglMjBzb2xpZCUyMCUyM0VFRSUzQiUyMGJveC1zaXppbmclM0Fib3JkZXItYm94JTNCJTIwd2lkdGglM0ExMDAlMjUlM0IlMjclMjBzcmMlM0QlMjdodHRwcyUzQSUyRiUyRnd3dy5pdm9veC5jb20lMkZwbGF5ZXJfZWpfMjg5OTgyMjBfNF8xLmh0bWwlM0ZjMSUzRGZmNjYwMCUyNyUzRSUzQyUyRmlmcmFtZSUzRQ==[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Ángel García Seoane, voceiro de Alternativa dos Veciños, advirte nunha intervención na Radio Galega do mal estado de moitas estradas de competencia provincial.
Este luns, García Seoane participou nun debate entre os voceiros da Deputación Provincial da Coruña a respecto do patrimonio do Organismo e da posible transferencia do mesmo a outras Administracións Públicas. Neste sentido Seoane manifestou a súa preocupación a respecto do investimento en vías provinciais: “A situación de moitas estradas é tercermundista. A Deputación ten un remanente que pode utilizar para mellorar a conservación das vías”. No mesmo debate, o voceiro de Alternativa na Deputación insistiu na necesidade de que a Xunta de Galicia se faga cargo dos centros educativos actualmente titularidade do ente provincial: “As competencias en materia de educación son da Xunta de Galicia, non na Deputación”.
Este formato estreado pola Radio Galega este luns 1 de outubro repetirase o primeiro luns de cada mes durante esta tempada, na cal os diferentes voceiros da Deputación da Coruña debaterán sobre temas de interese provincial durante 24 minutos.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]