Alternativa dos Veciños insta a sacar do rifirrafe electoral o drama dos desafiuzamentos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños insta a sacar do rifirrafe electoral o drama dos desafiuzamentos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwaWQlM0QlMjdhdWRpb18zMzk4Mjg3NyUyNyUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTI3MCUyNyUyMGFsbG93ZnVsbHNjcmVlbiUzRCUyNyUyNyUyMHNjcm9sbGluZyUzRCUyN25vJTI3JTIwaGVpZ2h0JTNEJTI3MjAwJTI3JTIwc3R5bGUlM0QlMjdib3JkZXIlM0ExcHglMjBzb2xpZCUyMCUyM0VFRSUzQiUyMGJveC1zaXppbmclM0Fib3JkZXItYm94JTNCJTIwd2lkdGglM0ExMDAlMjUlM0IlMjclMjBzcmMlM0QlMjJodHRwcyUzQSUyRiUyRnd3dy5pdm9veC5jb20lMkZwbGF5ZXJfZWpfMzM5ODI4NzdfNF8xLmh0bWwlM0ZjMSUzRGZmNjYwMCUyMiUzRSUzQyUyRmlmcmFtZSUzRQ==[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O candidato á alcaldía da Coruña, Pedro Armas, participou este luns nun debate en Radio Coruña co resto de candidatas e candidatos para falar do drama dos desafiuzamentos na cidade da Coruña.

Durante a tertulia Pedro Armas tratou de insistir na necesidade de eliminar este drama do “rifirrafe político” para buscar solucións inmediatas desde varios eixos de actuación nunha colaboración estreita entre Administración pública, plataformas sociais e persoas afectadas. “Nun tema como os desafiuzamentos nin o PP nin o PSOE nin o BNG nin a Marea teñen que ser percibidos como adversarios. Este é un asunto ao que lle hai que dar saída nesta cidade. Para iso é necesario eliminalo dos xogos electoralistas”, insistiu Armas, que considera que non é ético nin lícito tratar de “gañar votos entre persoas que están sufrindo un problema ao que a Administración ten que poñer solucións”.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!