Culleredo segue sen facilitar información sobre os desbroces e os puntos de recarga

O grupo de goberno novamente volveu a incumprir o deber de respostar ás cuestións que plantexan os grupos da oposición.

Alternativa volveu a reclamar os asuntos levados a pleno en setembro subliñandoa falta de rigor co Regulamento Orgánico Municipal.

Concretamente o goberno local non puxo á disposición a documentación que acredite que a empresa concesionaria dos desbroces está a acometer os protocolos para evitar a proliferación dos plumachos.

E tampouco se permitiu o acceso ao expediente sobre o procedemento que permitiu a retirada de dúas prazas de estacionamento público na Avenida de Vilaboa para a instalación de dous puntos de carga de vehículos eléctricos.

“Seguiremos insistindo porque non pode tratarse como unha normalidade que o goberno municipal incumpra impunemente as “normas do xogo” cando non interesa.” sinalan dende Alternativa.

Comparte esta nova!