Culleredo segue sen avances no Plan Xeral

Alternativa cuestiona novamente a parálise do goberno municipal co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)

A cidadanía continúa sen coñecer avances nos compromisos adquiridos nos últimos anos polo goberno local.

O executivo non presentou o informe sobre o estado da contratación coa empresa redactora, comprometido na última reunión celebrada en 2024. En 2025 anunciou a contratación de persoal para avanzar na tramitación PXOM, pero, en setembro de 2026, continúan sen concretarse eses avances.

A ausencia do PXOM mantén a culleredo sen unha folla de ruta para poder abordar a planificación do solo necesario para afrontar os novos retos en materia de vivenda, planificar o crecemento urbano, anticipar as necesidades de equipamentos e infraestruturas públicas ou dar maior seguridade e previsibilidade ao desenvolvemento urbanístico.

Comparte esta nova!