Costas négase a manter unha reunión con Alternativa para tratar a limpeza da Ría de Barrañán e buscar solucións para os areais do Reiro

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Costas négase a manter unha reunión con Alternativa para tratar a limpeza da Ría de Barrañán e buscar solucións para os areais do Reiro

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo recibe a negativa do Xefe da Demarcación de Costas de Galicia para manter unha reunión e tratar a limpeza da Ría de Barrañán e buscar solucións para os areais do Reiro, que se atopan totalmente cubertos por pedras.

Demarcación de Costas, Augas de Galicia e o Concello de Arteixo esnaquizaron no seu momento a Ría de Barrañán, permitindo a variación do seu leito. Primeiro atentaron contra este espazo natural e logo deixárono totalmente abandonado ata quedar completamente invadido pola maleza. A construción do Porto Exterior provocou importantes cambios nas correntes e prexudicou gravemente os areais das parroquias de Barrañán e Chamín, provocando que os areais do Reiro Grande e Pequeno atópanse totalmente cubertos polas pedras que arrastraron as correntes.

“O que se nos comunicou vía telefónica desde a secretaría da Xefatura de Demarcación de Costas en Galicia, é que non vai ser posible manter unha reunión xa que fixo saber que en tal caso só se reuniría con alcaldes ou presidentes”, apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Se non nos queren escoitar e pretenden seguir abandonando a Ría de Barrañán e mirando para outro lado coa situación na que se atopan os areais de Chamín e Barrañán, pois teremos que saír á rúa para protestar ata que se atendan as nosas demandas, que son unhas demandas apoiadas pola maioría de veciños e veciñas de Arteixo” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!