Costas cambia de postura e impide a conexión dos paseos marítimos de Cambre e Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Demarcación de Costas da Coruña comprometérase hai máis dun mes co Concello de Oleiros a refacer os muros que dan ao mar en toda a fronte da urbanización O Paraíso e realizar unha senda a carón da ría como continuidade do paseo de Beiramar, para conectalo co de Cambre. O xefe nese momento xubilouse e o novo responsable négase a executar a senda, pretendendo usar parte dos viais peonís do parque público do Paraíso.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]“Solicitei unha reunión urxente co Delegado do Goberno para tratar este asunto e os problemas que hai en Santa Cruz e en Mera que Costas négase a resolver. Non se lle pode privar á cidadanía dun paseo costeiro entre os concellos de Cambre e Oleiros”, dixo o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!