Costas cambia de postura e impide a conexión dos paseos marítimos de Cambre e Oleiros

A Demarcación de Costas da Coruña comprometérase hai máis dun mes co Concello de Oleiros a refacer os muros que dan ao mar en toda a fronte da urbanización O Paraíso e realizar unha senda a carón da ría como continuidade do paseo de Beiramar, para conectalo co de Cambre.

O xefe nese momento xubilouse e o novo responsable négase a executar a senda, pretendendo usar parte dos viais peonís do parque público do Paraíso.

“Solicitei unha reunión urxente co Delegado do Goberno para tratar este asunto e os problemas que hai en Santa Cruz e en Mera que Costas négase a resolver. Non se lle pode privar á cidadanía dun paseo costeiro entre os concellos de Cambre e Oleiros”, dixo o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.

Comparte esta nova!