Costas aborda o remate do paseo da ría e a pasarela do castelo

A presión que exerceu Oleiros desde que o estado deu por “rematada” a restauración da ría do Burgo deu os seus froitos: Transición Ecolóxica finalizará os dous treitos que permitirán dispoñer dun itinerario continuo, e ademáis substituirá a pasarela do castelo de Santa Cruz, deteriorada polo tempo.

O Secretario de Estado do Medio Ambiente, Hugo Morán, respondeu así aos dous encontros que, solicitados polo alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo nos últimos meses, amosando unha boa disposición a acometer as obras.

Unha primeira xuntanza en Madrid en febreiro e a posterior visita a Perillo e Santa Cruz serviron para recuperar a razón e rematar unhas obras que, como mantiñan desde Oleiros, realmente estaban rematadas e resultaban unha ameaza para a seguridade.

O itinerario peonil e ciclista á beira da ría quedará restituido nos próximos meses pola beira do mar, sen a necesidade de desprazarse polo interior dos parques que arrodean a ría.

Unha vez que estea completando este treito, a costa será ciclabe e camiñable desde Naval ao límite con Cambre. Entre Naval e Canide están xa en marcha as xestións previas ao inicio das obras e desde Canide ata Lorbé existe unha sucesión de paseos marítimos e sendas naturais que permiten unha permeabilidade total da costa.

Ademáis, tanto bicis coma peóns poden utilizar rúas convencionais para circular entre o paseo da ría ao inicio do itinerario ciclopeonil do río de San Pedro. A conexión entre as duas sendas dista apenas 850 metros (uns 12 minutos camiñando ou 6 en bici) entre o propio paseo, a rúa da Pígara (no Graxal de Cambre), o lateral da avenida das Mariñas e o primiero treito de Salvador Allende, en Nós.

Comparte esta nova!