Costas rexenerará este ano a praia do porto de Santa Cruz
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, solicitou o pasado mes de xaneiro á Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e á directora xeral de Costas, Ana Oñoro Valenciano, a urxente necesidade de recuperar a area da praia de Santa Cruz, entre a pasarela de acceso ao castelo e o porto. O actual estado da praia non só impide un axeitado aproveitamento para o baño senón que tamén incrementa a desprotección do paseo marítimo ante os temporais. Nos últimos anos desapareceron 1,5 metros de area ao longo de toda a base do paseo.