A costa libre de Oleiros volve ser distinguida como sendeiro azul europeo
A costa libre de Oleiros, con 26 km totalmente transitables a través de sendas e paseos públicos, volveu ser recoñecida como sendeiro azul europeo. O sendeiro azul é un premio a nivel europeo que recoñece aqueles espazos e camiños públicos de elevado valor ambiental, sostible e patrimonial.
Desde o inicio da democracia, Alternativa dos Veciños leva realizado un arduo traballo de protección medioambiental da costa, impedindo recheos e paralizando proxectos especulativos que supoñerían a destrución paisaxística do litoral, creando numerosos paseos, parques e sendas costeiras. Mentres o mundo está cada vez máis cheo de muros e vallas coas que pretenden dividirnos e enfrontarnos, Oleiros segue a ser un territorio libre e aberto.