Corte de tráfico na N-550 para reivindicar os dereitos dos nenos e nenas de Carral
O Concello de Carral volve convocar unha nova concentración e manifestación para esixir a mellora no Servizo de Pediatría e reclamará a implantación dunha segunda quenda de comedor no CEIP Vicente Otero Valcárcel.
Ante a falta de solucións satisfactorias por parte da Xerencia de Atención Primaria da Coruña e ante a necesidade de implantar unha segunda quenda de comedor (xa que 163 estudantes quedarían sen o servizo), o Equipo de Goberno anima aos veciños e veciñas de Carral a sumarse a estar reivindicación para seguir defendendo os dereitos dos nenos e nenas de Carral.
O acto será este mércores 22 de xullo ás 20.00 h diante da Casa Consistorial. Dende alí vaise cara a rúa dos Mártires onde se levará a cabo o corte de tráfico na N-550.