Cooperativas de vivendas en Oleiros, ante a inacción do Estado e a Xunta

Única opción para conseguir a propiedade dunha vivenda a prezos inferiores aos do mercado

O acceso á vivenda, un dereito constitucional competencia do Estado e das autonomías, é cada vez máis complexo debido ao actual modelo económico e á falta de políticas efectivas por parte dos Gobernos central e autonómico. Oleiros non é alleo a esta situación.

Ante a inexistencia de axudas da Xunta que incentiven a construción de pisos de protección, o Goberno municipal vai máis alá das competencias propias e promove a creación de cooperativas de vivendas. Neste momento é a única fórmula posible para que os veciños e veciñas de Oleiros poidan optar á adquisición de vivendas a prezos inferiores aos de mercado.

Comparte esta nova!