Convenio urbanístico de escándalo en Cambre

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Convenio urbanístico de escándalo en Cambre

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde pacta cunha promotora recalificar 19.597 metros cadrados, incluídos nos 1.296 cedidos no seu día por outra promotora, nos que están ubicadas as ruínas das Casas Bailly. Preténdese utilizar unhas normas subsidiarias, totalmente nulas pola lei do solo 2/2016 da Xunta de Galicia, que obriga aos Concellos a redactar plans xerais de urbanismo se queren recalificar solo.

A un solo rústico pretende outorgarlle unha edificabilidade de 0,75 metros cadrados por cada metro cadrado, un 0,13% máis que outros terreos anexos, tamén rústicos, cos que se quere especular e os que se lle asignarán un 0.62 metros cadrados por cada metro cadrado.

En total, sen Plan Xeral, se pretenden recalificar 64.297 metros cadrados cunha edificabilidade de 39.497 metros cadrados e edificios de ata 18 metros de altura. Máis cemento para culminar, segundo o alcalde, o desenvolvemento do Temple.

A que vén tanta presa para pretender saltarse a lei do solo? Onde están os informes que indiquen ó alcalde que non é posible realizar esta actuación?

No acordo tamén se autoriza á promotora asinante á venda a futuras promotoras. É dicir, o actual asinante non pretende construír, senón actuar de mediador para especular co solo.

Alternativa dos Veciños impugnará ante a Xunta o convenio e a modificación das normas obsoletas e, no seu momento, acudirá tamén ao xulgado civil e penal.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!