Contratos fóra da lei en Culleredo

O alcalde non convoca unha Comisión de Presidencia solicitada pola Alternativa para estudiar a situación de contratos caducados

Alternativa dos Veciños de Culleredo leva varios anos manifestando a situación irregular na que se encontran os contratos dos servicios públicos no Concello, algúns contratos levan caducados xa preto de 11 anos, incumprindo de esto modo co establecido na Lei de contratos do sector público. 

No pasado mes de outubro celebrouse  un pleno extraordinario donde o propio alcalde, unha vez preguntado polos representantes de Alternativa dos Veciños sobre os motivos que xustifican tal situación veu recoñecer a súa responsabilidade, asumindo a falta de xestión debida. Nese pleno aprobouse a necesidade de regularizar a situación sacando a licitación pública os contratos cumprindo de este xeito ca legalidade vixente.

O tempo trascurre sen solución aparente por parte do Goberno municipal, é a situación non fai máis que agravarse, tanto é a así que o pasado luns 8 de xaneiro de 2024 iniciouse unha folga con carácter indefinido das traballadoras da empresa Jardincelas S.L.

Con motivo de esta situación e sobre todo coa finalidade de que as cousas se fagan cumplindo cos procedementos e a legalidade vixente, por parte de Alternativa dos Veciños, xunto co grupo municipal BNG de Culleredo, solicitouse a convocatoria urxente e extraordinaria dunha Comisión de Presidencia aos efectos de informar das seguintes cuestións

– Relación datada e xustificada documentalmente dos pasos dados para a licitación dos contratos referentes aos servizos de limpeza viaria e de limpeza de edificios, locais, colexios e instalacións municipais.

– Motivación xustificada documentalmente da prórroga tácita dos contratos caducados dos servizos de limpeza viaria e de limpeza de edificios, locais, colexios e instalacións municipais.

– Exposición motivada do razoamento para a fixación dos servizos mínimos recollidos na Resolución de Alcaldía.

– Actas das reunións mantidas co Comité de Empresa de Jardincelas S.L., ou de ser o caso, cos propios traballadores ou representantes da propia empresa.

– Relación detallada de tódalas facturas presentadas pola empresa Jardincelas S.L. nos últimos 4 anos, así como a relación de reparos de Intervención e os informes de discrepancias que afecten ao pago de ditas facturas, e os procesos levados a cabo para a comprobación da execución dos servizos facturados.

– Relación datada e xustificada documentalmente dos pasos dados diante das denuncias presentadas por Jardincelas S.L. nos Xulgados do Contencioso-Administrativo.

A día de hoxe mantémonos a espera da citada comisión.

Comparte esta nova!