plano

Contratadas as obras das rúas Xuncal e Avelino Cachafeiro

O Concello de Oleiros adxudicou dúas importantes obras que se realizarán nas localidades de Perillo e Nós. O importe total dos dous proxectos contratados ascende a 181.209,50 euros.

Está previsto que nas vindeiras semanas comecen as obras de mellora na rúa Xuncal, en Perillo. Vai acometerse unha completa renovación tanto das beirarrúas como do pavimento. Igualmente cambiarase a iluminación pública que pasará a contar con luminarias led, que iluminan mellor e consomen moito menos. Tamén serán substituídas todas as árbores. Plantaranse 28 carballos de pantano. O investimento nesta actuación é de 148.600 euros.

Tamén foron contratados os traballos de asfaltado da avenida Avelino Cachafeiro, en Nós, por 32.609,50 euros. A empresa López Cao será a encargada de realizar esta actuación.

Novas relacionadas