estación

Contratadas as podas de estradas provinciais de Oleiros e Cambre

A Deputación adxudicou os traballos de poda dos arboredos destas dúas estradas de titularidade provincial por 74.756,22 euros. A execución dos mesmos será realizada previsiblemente a finais deste mes ou principios de xuño.

A Deputación como titular das estradas se encarga ademais da conservación e mantemento dos seus elementos, polo tanto tamén das árbores para manter as adecuadas condicións de seguridade para peóns e vehículos.

O deputado provincial de Alternativa dos Veciños solicitou en varias ocasións estes traballos de poda respectuosa nestas estradas provinciais do Concello de Oleiros e do de Cambre.

Novas relacionadas