Cruce_SolyMar

Contratada a obra do túnel e da glorieta en Sol y Mar por 9,8 millóns de euros

Despois de anos de loita de Alternativa dos Veciños para lograr que o Ministerio de Fomento realizará a obra de mellora do cruce de Sol y Mar, na N-VI ao seu paso por Perillo, hoxe foi adxudicada definitivamente por importe de 9.813.642,04 euros. Os traballos comezarán antes de final de ano.

Desde o ano 2004, Alternativa estaba a reclamar esta actuación ao Ministerio de Fomento para que se construíra un túnel e unha rotonda na superficie para axilizar o tráfico neste punto dunha das estradas de máis tráfico de toda Galicia. “Por fin! No 2004 comezamos a demandar esta obra. No 2007 xa estaba o proxecto aprobado e ía contratarse, pero quedou todo paralizado pola crise, e desde entón non daba saído… Pero non hai como ser constantes na loita. Despois de toda a batalla que se dou, debemos felicitarnos todos e todas por lograr esta importante obra para o conxunto dos cidadáns da comarca da Coruña”, dixo o presidente de Alternativa dos Veciños e Ángel García Seoane.

Novas relacionadas