A contratación a ampliación da estrada da Besta

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Deputación saca a contratación a ampliación da estrada da Besta

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Deputación da Coruña está a realizar os trámites de contratación das obras de ampliación da estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra, e que ascenden a 613.982,24 euros. O Goberno municipal leva reclamando desde hai varios anos a realización desta importante actuación para a seguridade viaria. 

Coa obra que se vai realizar a estrada pasará de 5 a 12 metros. Os carrís de circulación ocuparán 7 metros e as beirarrúas 5, para que os peóns poidan transitar de xeito seguro. “Isto vai permitir un desenvolvemento importante en Mera en todos os ámbitos. Hai que pensar que a vía Ártabra non vale de moito se non temos unhas conexións axeitadas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

“Grazas á nosa presenza no organismo provincial estamos conseguindo moitos investimentos importantes para Oleiros. Este proxecto en concreto redactouse hai xa dúas lexislaturas porque nós o solicitamos. Coa entrada de Diego Calvo, o PP boicoteou esta obra e moitos outras para prexuízo de todos os e as oleirenses”, comentou o alcalde.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!