c

Contratación irregular de avogados para atacar a Alternativa dos Veciños

Os concelleiros de Alternativa están a facer un intenso traballo de control e denuncia das irregularidades cometidas polo Goberno municipal en Cambre.

Para tentar impedir as tarefas de oposición deste grupo municipal, o Goberno contratou os servizos dun gabinete de avogados cuxos gastos vai a pagar o Concello.

Estes avogados presentáronse a 2 concursos públicos para optar á contratación deste servizo, sendo descartados nunha das ocasións por incumprir coas bases da convocatoria. A pesar diso, foron posteriormente contratados de maneira directa, o que segundo a Lei de contratos do sector público 9/2017 sería totalmente irregular. Ante tal actuación, Alternativa denunciará os feitos

Novas relacionadas