Contencioso contra a modificación das normas subsidiarias de Cambre no Graxal

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros presenta un contencioso contra a modificación das normas subsidiarias de Cambre no graxal

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros, que xa presentara unha alegación á modificación puntual das normas subsidiarias do Concello no ámbito da N-VI, basa a súa denuncia na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa. O ámbito suxeito á modificación estaba clasificado polas normas subsidiarias de Cambre como rústico de protección ordinaria.

O obxecto da modificación puntual das normas subsidiarias do Concello de Cambre é dobre. Por un lado, a reclasificación a solo urbano duns terreos situados na marxe da estrada nacional AC-12. Por outro, clasifícase solo rústico ordinario como solo urbanizable de actividades terciarias o resto do ámbito da modificación, coa fronte á estrada nacional.

A modificación pretende xustificar o cambio de clasificación dende solo rústico a urbano/urbanizable apelando a unha incerta continuidade da trama urbana continua no fronte da estrada AC-12. Dita continuidade non é certa, sendo este tramo un dos poucos nos que o solo rústico e a paisaxe natural chega a asomar á infraestrutura viaria da AC-12. De aí a súa clasificación orixinaria como solo rústico. A ordenación que se presenta establece necesariamente planos de asento da edificación extensos que en relación coa topografía en ladeira vai producir importantes movementos de terra e afeccións á paisaxe. Polo Norte o ámbito linda co Concello de Oleiros clasificando o Plan Xeral de Ordenación Municipal o solo de rústico de protección paisaxística. Estes valores paisaxísticos, foron por exemplo os que motivaron a construción no seu día da casa Bailly.

A modificación vulnera a Disposición transitoria primeira, apartado 2, réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á lei 2/2016 do solo de Galicia. O municipio de Cambre non dispón de Plan Xeral de Ordenación Municipal. As normas subsidiarias son do ano 1994 e non foron adaptadas á Lei 1/1997, nin á Lei 9/2002. Tampouco se adaptan á Lei do solo actual 2/2016.

Preténdese a modificación puntual de normas subsidiarias aprobadas ao amparo da Lei 11/1985, de 11 de agosto de 1985, de adaptación do solo a Galicia, que ao non terse adaptado a ningunha das leis galegas posteriores.

A adaptación das normas subsidiarias de Cambre á Lei 2/2016, non se pode realizar a través dunha modificación puntual dun instrumento de planeamento que actualmente non está previsto como instrumento de ordenación urbanística e menos coa fin de incorporar un solo non urbanizable ao desenvolvemento urbanístico.

O réxime transitorio das leis urbanísticas autonómicas establecía a necesidade de adaptación dos instrumentos de planeamento xeral existentes á nova regulación do solo. En tanto esta adaptación non se producise, determinan que o réxime aplicable ao solo rústico (como é o caso que nos ocupa) sería o réxime do solo rústico establecido na nova lexislación.

Todo iso prexudica ao Concello de Oleiros, dada a situación de colindancia e a disparidade de criterios de ordenación do territorio entre ambos os Concello. Mentres o Concello de Oleiros opta pola protección paisaxística do solo rústico existente, o Concello de Cambre opta polo aproveitamento intensivo e a masificación dunha zona urbana lindeira.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!