Concurso de Entroido “Choqueir@s de andar pola casa”
A Concellería de Cultura non quere que quede esquecida unha das nosas tradicións culturais.
Organízase desde Cultura un concurso telemático aos mellores disfraces de choqueir@s neste Entroido 2021. A participación pode ser individual ou en grupo, pero sempre respectando as actuais restricións sanitarias, polo que na imaxe só poderán aparecer persoas convivintes. Poderedes atopar toda a información na web e no Facebook do Concello.