O Concello organiza concentracións para reclamar que Carral non quede sen pediatra

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello organiza concentracións para reclamar que Carral non quede sen pediatra

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Concellería de Sanidade de Carral ten convocada para mañá mércores 8 de xullo as 20 horas diante da Casa do Concello unha manifestación para demandar a mellor do servizo de pediatría en Carral. Está previsto repetir esta protesta durante os seguintes mércores.

Ante a negativa do Conselleiro de Sanidade de reunirse coa Concelleira e remitila á Xerencia, cita na que só se conseguiu que o pediatra pasase consulta os días 7, 9, 14 e 16 de xullo en Carral, así coma a semana do 20 ao 29 de xullo, decidiuse realizar unha mobilización contínua desde o Concello ata o Panteón. De non variar a actual situación, Carral quedaría sen pediatra no mes de agosto.

Desde Alternativa dos Veciños de Carral animamos a todos os veciños e veciñas a amosar o seu descontento coas medidas que Sanidade realiza no Servizo de Pediatría, así coma aos distintos grupos políticos. Isto non pode seguir así, non se pode xogar coa saúde dos nosos nenos e nenas.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!