A veciñanza de Arteixo concéntrase para demandar solucións ás verteduras na Ría de Barrañán

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A veciñanza de Arteixo concéntrase para demandar solucións ás verteduras na Ría de Barrañán

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo concentrouse esta mañá na estrada DP-0514 para demandar ás diferentes administracións unha solución ás verteduras na Ría de Barrañán. Ante a incapacidade, deixamento e pasotismo do Goberno municipal, e tamén de Augas de Galicia que mira para outro lado e non é quen de obrigar ao concello a solucionar o grave problema de verteduras de augas residuais na Ría de Barrañán, nos últimos meses Alternativa dos Veciños está a traballar intensamente para que dunha vez por todas se poña solución a este grave problema que ten contaminada a Ría de Barrañán.

Atendendo as múltiples denuncias recibidas por parte de veciños e veciñas da zona de Barrañán e de Chamín, a principios do mes de abril Alternativa contratou unha análise microbiolóxica para comunicar a Augas de Galicia a existencia dunha vertedura de augas residuais na Ría de Barrañán. Un informe analítico que confirmou a presenza de Enterococos, Coliformes fecales e Escherichia coli. “Non recibimos noticias por parte de Augas de Galicia ata este xoves, xusto coincidindo coa publicación e difusión nos medios de comunicación da celebración desta manifestación. Augas de Galicia contestounos que atendendo á nosa denuncia tomaron a decisión de realizar outra analítica co fin de corroborar a posible contaminación, pero que o informe analítico non amosou indicios de contaminación de orixe fecal. Augas de Galicia que nos quere tomar por parvos?” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“O informe analítico contratado por Alternativa foi entregado a Augas de Galicia e é publico, pero do suposto informe de Augas de Galicia nada se sabe. Isto é unha falta de respecto por parte da Xunta de Galicia cara á veciñanza de Arteixo e tamén cara aos miles de visitantes que veñen cada ano á praia de Barrañán. A Xunta de Galicia non pode seguir mirando para outro lado e debe actuar de inmediato. Debe obrigar ao concello de Arteixo a emendar este grave problema de verteduras de fecais á Ría de Barrañán. Temos claro que o goberno municipal non será quen de emendar esta situación se non chega unha orde desde a administración autonómica na que se lle obrigue a facelo, xa que este equipo de goberno só atende aos intereses duns cantos empresarios ligados ao Partido Popular. Alternativa dos Veciños quere deixarlle claro ás diferentes administracións que mentres a Ría de Barrañán non quede libre de contaminación, seguiremos saíndo á rúa para defender o noso patrimonio natural e a saúde ambiental dos veciños e veciñas” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!