Concentración en apoio á hostalería de Oleiros, o martes ás 20:00 en Santa Cristina

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Concentración en apoio á hostalería de Oleiros, o martes ás 20:00 en Santa Cristina

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Ante a arbitraria decisión da Xunta de Galicia de manter a Oleiros entre os municipios en nivel de risco alto, o Concello convoca unha concentración en apoio ao sector da hostalería de Oleiros o vindeiro martes 25 de maio ás 20 en horas en Santa Cristina, na praza afundida. Alternativa dos Veciños anima á participación nesta convocatoria das persoas afectadas directamente por esta situación e da veciñanza en xeral.

A principal consecuencia da decisión da Xunta de Galicia é que á hostalería só se lle permite dar servizo en terrazas e ao 50% de capacidade. Dada a climatoloxía existente, a maioría dos negocios case non puideron traballar, coas conseguintes perdas económicas e materiais, traballadores e traballadoras que tiveron que perderon o seu emprego, redución case total de pedidos ás empresas subministradoras….

O máis grave de todo é que segundo os datos facilitados polo Sergas, coa incidencia acumulada por 100.000 habitantes a 7 e 14 días que presenta Oleiros, o municipio tería que estar sometido ás restricións do nivel medio-baixo e non ás do nivel alto.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!