O Concello de Oleiros tarda unha media de 20 días en pagar as súas facturas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros tarda unha media de 20 días en pagar as súas facturas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O período medio de pagamento do Concello de Oleiros no segundo trimestre do 2018 foi de 20,49 días, cumprindo co prazo de 30 días fixado por lei. O Concello respecta os prazos establecidos polo Ministerio de Facenda para realizar os correspondentes trámites de verificación, conformidade e pagamento das facturas.

A existencia de saldo na conta 413 nunha data concreta, que recolle as facturas pendentes de pagamento nese instante, non implica ningunha irregularidade nin ilegalidade. En todos os casos esas facturas dispoñen do crédito axeitado e suficiente para realizar o seu pagamento, xa que previamente son obxecto de inspección por parte da intervención municipal. Calquera Concello con actividade, no que se respecten as leis, debería ter saldo na conta 413 xa que o pago das facturas require dun proceso de comprobación e verificación dos gastos que non é inmediato e que ten unha importancia grande para detectar posibles irregularidades, como ten acontecido no Concello de Oleiros coas compañías eléctricas que teñen imputado recibos que multiplicaban por dous o gasto real rexistrado nos contadores.

No caso concreto das facturas imputadas na conta 413 correspondentes ao 2º trimestre de 2018, que suman 2.337.341,12 euros, correspóndense con gastos que foron debidamente tramitados conforme á normativa legal, que contan con crédito adecuado e suficiente no orzamento municipal en vigor, e que a data 30/06/2018 atopábanse en trámite de aprobación: ben pendente de aprobar o recoñecemento da obriga, de ordenar o pagamento ou de realizar o pagamento efectivo mediante transferencia bancaria. O saldo elevado da dita conta débese, principalmente, á execución de obras de urbanización cuxo pagamento realizouse parcialmente en especie mediante a entrega dunha parcela patrimonial do Concello, tal e como establecía o prego de cláusulas administrativas do contrato. Esta forma de pagamento requiriu a formalización da correspondente escritura pública ante notario, acto que tivo lugar con posterioridade ao 30/06/2018, polo que as facturas correspondentes foron imputadas na conta 413.

O Concello de Oleiros goza dunha economía totalmente saneada, con máis de 11 millóns de euros no banco que o Ministerio de Facenda impide investir en obras e servizos para mellorar a calidade de vida dos veciños. A eficacia e o rigor na xestión económica municipal é o que permite gozar desta favorable situación.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!