AEREA

O Concello de oleiros vai sacar á venda 4 parcelas para 56 pisos de aluguer protexido en Perillo, Xaz e Mera

Ademais das 4 parcelas para a construción de pisos de prezo taxado en Oleiros, Xaz e Mera, o Concello de Oleiros sacará á venda outras 4 parcelas de propiedade municipal, adquiridas gratuitamente a través da xestión do solo das novas urbanizacións, para a construción de vivendas de aluguer protexido. Estes pisos estarán situados en Xaz, no centro de Mera e en Perillo, na nova urbanización do Paraíso e en Corredoira das Viñas.

A oferta deste solo está dirixido a promotores. O prazo de licitación será de 15 días, desde o momento da publicación da oferta de solo na Plataforma de Contratación do Estado. Para realizar consultas sobre este proceso, as persoas interesadas deberán dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.

SOLO PARA VIVENDAS UNIFAMILIARES

O Concello tamén dispón de solo á venda para a construción de vivendas unifamiliares en Xaz, en Canide, en Oleiros e en Iñás. Aquelas persoas interesadas en adquirir algunha destas parcelas deben dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.

Novas relacionadas