O Concello solicita a Fomento a reparación das beirarrúas desde a ponte da Pasaxe ata Rialeda
O Concello de Oleiros remitiu un escrito ao Ministerio de Fomento para que aborden a reparación das beirarrúas lindeiras coa N-VI en Perillo, desde a ponte da Pasaxe ata a altura da Biblioteca Rialeda. Nalgúns tramos están completamente desfeitas.
“Desde onde está o radar ata Rialeda, a beirarrúa parece unha corredoira inmunda, chea de fochancas, sen baldosas… Non se pode nin camiñar por ela”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.