[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello presentará un recurso ao plan de transporte se non se incorporan as demandas de Oleiros
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Concello de Oleiros vai recorrer o novo plan de transporte da Xunta de Galicia se o contrato para as novas concesións non contempla as demandas solicitadas polo Goberno municipal. A maioría das melloras de liñas e frecuencias demandadas polo Concello de Oleiros non foron incluídas.
“Onte dixémosllo aos responsables da Xunta na reunión, ou cambian a súa postura ou presentaremos un recurso. Co plan que presentan non se arranxan as necesidades de Oleiros. Nós non estamos pedindo cousas raras, simplemente solucións ao grave problema que existe co transporte público en Oleiros. Os cidadáns se teñen un bo servizo, con frecuencias, usan o bus e non colle o coche. Pero a Xunta o que ten é que ofrecer uns servizos decentes se quere que haxa pasaxeiros”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]