O Concello de Oleiros vende solo para 64 pisos de prezo taxado e para 56 de aluguer protexido en Perillo, Xaz, Oleiros e Mera

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros vende solo para 64 pisos de prezo taxado e para 56 de aluguer protexido en Perillo, Xaz, Oleiros e Mera

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Concello ten á venda 8 parcelas para a construción de pisos de prezo taxado e de aluguer protexido en Oleiros, Xaz, Mera e Perillo. Este solo foi adquirido gratuitamente a través da xestión do solo das novas urbanizacións e ten un prezo de venda total de 4,6 millóns de euros, cos que se financiarán obras e servizos públicos do municipio.

A oferta deste solo está dirixido a promotores. O prazo de licitación finaliza o 13 de marzo e a presentación de solicitudes realizarase de forma telemática. Toda a información atópase na web municipal e na Plataforma de Contratación do Estado. Para realizar consultas sobre este proceso, as persoas interesadas tamén poden dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.

As parcelas para pisos de prezo taxado atópanse nas proximidades do campo de golf de Xaz -37-, no centro de Mera -15- e na praza da Rabadeira en Oleiros -12-. Para a posterior adquisición destas vivendas terán prioridade os veciños e veciñas de Oleiros. No caso de que non exista demanda por parte da cidadanía do municipio, a venda abrirase a persoas doutros concellos.

O solo dos pisos de aluguer protexido están situados en Xaz -10-, no centro de Mera -19- e en Perillo, na nova urbanización do Paraíso -17- e en Corredoira das Viñas -10-.

SOLO PARA VIVENDAS UNIFAMILIARES

O Concello tamén dispón de solo á venda para a construción de vivendas unifamiliares en Xaz, en Canide, en Oleiros e en Iñás. Aquelas persoas interesadas en adquirir algunha destas parcelas deben dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.

MÁIS INFORMACIÓN[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!