O Concello de Oleiros segue a repartir mascarillas entre os cidadáns
A Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias están a repartir equipos de protección e mascarillas a pé de rúa. Aquelas persoas que non dispoñan de mascarillas e precisen algunha para saír realizar algunha xestión, poden solicitalas no 981610000. Entregaranse a medida que se vaia dispoñendo do material.
Todo o persoal municipal está dotado de mascarillas e pantallas para desempeñar o seu traballo con seguridade. Foi distribuído material nos centros de saúde e nas residencias de maiores. Tamén seguen a entregarse mascarillas e pantallas protectoras entre o persoal dos establecementos comerciais máis pequenos e das gasolineiras. Está previsto estender o reparto de material de protección aos comercios declarados non esenciais cando retomen a súa actividade.
A Xunta de Galicia ostenta o mando único para a distribución de mascarillas entre os concellos. Existe unha importante carencia de material de protección en todo o Estado, polo que resulta imprescindible a colaboración entre as distintas administracións para poder superar esta situación canto antes.