O Concello de Oleiros informa á veciñanza afectada polo paseo fluvial do río de San Pedro os martes e os xoves

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros informa á veciñanza afectada polo paseo fluvial do río de San Pedro os martes e os xoves

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]As persoas propietarias de terreos afectados polo proxecto de construción do paseo fluvial que irá desde Iñás ata O Seixal poden informarse na Casa do Concello os martes e xoves en horario de atención ao público. Ante a demanda de información por parte de numerosos veciños e veciñas, que foron notificados previamente por carta polo Departamento de Urbanismo, o Goberno municipal optou por ordenar a atención a todas as persoas interesadas neste asunto.

Os veciños e veciñas que desexen informarse deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono de atención ao veciño: 981 610 000. Unha técnica municipal encargarase de informar e explicar todos os detalles do proxecto de maneira individualizada.

O Concello de Oleiros pretende adquirir neste ano o terreo necesario para crear a senda que transcorrerá pola beira do río de San Pedro, nun tramo de máis de 3 km de lonxitude. Este novo paseo posibilitará que os cidadáns e cidadás poidan transitar con total seguridade, sen os riscos que supón facelo a carón da N-VI.

Unha grande parte dos terreos para a realización deste paseo xa son de propiedade municipal na actualidade, 56.000 metros en Iñás e 36.000 en Nós. Faltan pequenos tramos de propiedade privada.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!