Alternativa dos Veciños contra a penalización do aborto en El Salvador
O Concello de Oleiros organizará unha festa de entroido ao aire libre, con orquestra e concurso de disfraces. Será o sábado 5 de marzo en Perillo, na polideportiva da avenida da II República, e comezará a media tarde.
O concurso de disfraces contará con categorías de grupos, individuais e parellas. Nos vindeiros días informarase dos premios económicos a repartir, así como dos prazos de inscrición para poder participar.
“Queremos que disfrute todo o mundo desta festa, pero facémola pensando especialmente na xuventude que necesitan máis que nunca de actividades para divertirse e relacionarse”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.