O Concello de Oleiros estuda denunciar á Xunta de Galicia por posible malversación de fondos públicos na Casa do Mar de Mera

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros estuda denunciar á Xunta de Galicia por posible malversación de fondos públicos na Casa do Mar de Mera

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Xunta de Galicia fixo unha obra na Casa do Mar de Mera, financiada con fondos europeos, para crear un centro de día para persoas maiores. Actualmente, este edificio público atópase infrautilizado, conta con dúas persoas en nómina, e non está a prestar os servizos polos que a Unión Europea subvencionou á Xunta.

No ano 2016, ante a infrautilización da instalación, o Concello volveu solicitarlle á Xunta de Galicia que se lle cedera ás entidades da localidade para que o puideran utilizar os veciños, tal e como facían antes das obras. Finalmente, a Xunta optou por asinar un convenio co Concello para cofinanciar con 110.000 euros a adquisición dun novo centro social para as entidades merachas.

Dous anos despois da sinatura, a Xunta aínda non lle pagou ao Concello de Oleiros ese diñeiro. “O que non imos tolerar é que por riba de incumprir un convenio que temos asinado, a Casa do Mar de Mera siga baleira, con dúas persoas alí cobrando, sen actividade ningunha e coa necesidade que existe de servizos públicos para atención das persoas maiores”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!