[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Oleiros aproba unha declaración institucional contra o peche de Alcoa
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños aprobou no pleno do Concello de Oleiros celebrado hoxe unha declaración institucional en contra do peche da factoría do grupo Alcoa-Inespal na Coruña. No texto, Alternativa dos Veciños amosa o seu apoio ós traballadores e traballadoras de ALCOA e o rexeitamento ó anuncio de peche da factoría; demanda da administración galega unha fronte institucional común en defensa do emprego, do mantemento da actividade industrial en ALCOA e, en consecuencia, a retirada do ERE presentado pola empresa; e insta ao Goberno do Estado a que no exercicio das súas competencias interveña a empresa e impida calquera decisión que poida provocar o seu peche.
Esta declaración, que previamente foi consesuada co Comité de Empresa de Alcoa, só contou cos votos favorables de Alternativa dos Veciños e do BNG. O PP e o PSOE abstíveronse.
No pleno aprobouse outra declaración institucional para denunciar e expresar o rexeitamento da corporación á violencia de xénero que sofren as mulleres e unha moción para demandar á Xunta de Galicia a creación dun servizo de psiquiatría no municipio, a ampliación do centro de saúde de Mera e o incremento dos servizos de pediatría existentes.
O pleno do Concello de Oleiros tamén aprobou definitivamente a Relación de Postos de Traballo municipais, que previamente acordaron de maneira unánime o Goberno municipal e todas as organizacións sindicais, así como o comité de empresa e a xunta de persoal. A intención do Goberno municipal de realizar unha nova Relación de Postos de Traballo veu motivada pola necesidade do Concello de confeccionar unha actualizada -a existente databa do ano 2003-, de contar cun novo organigrama administrativo axustado aos cambios lexislativos e que dotase ao concello dunha serie de instrumentos de planificación de recursos humanos actualizados que permitan crear unha estrutura ordenada, xerarquizada, áxil e eficaz acorde ás necesidades actuais de prestación de servizos que demandan os veciños e veciñas.
O pleno deu luz verde ao novo regulamento para o funcionamento do Mercado Municipal de Perillo. O texto foi consensuado previamente cos actuais praceiros e consta de 45 artigos nos que se especifican claramente as normas básicas do Mercado.
Ademais, o Goberno municipal de Alternativa dos Veciños aprobou tres asuntos urbanísticos de maneira definitiva: o Plan Especial dos terreos propiedade municipal de Bastigueiro, fronte ao INEF, que ocupan unha extensión de 70.180 metros cadrados e onde se contempla a creación de novas infraestruturas públicas, así como zonas verdes e de ocio; a modificación puntual do Plan Xeral en Mesón da Auga, que afecta a unha parcela da Xunta de Galicia; e o Plan Parcial da Ferrala, en Liáns, para un desenvolvemento urbanístico.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]