[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Oleiros adxudica 4 parcelas para a construción de vivendas unifamiliares por 269.102,12 euros
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Concello de Oleiros adxudicou 4 das 28 parcelas para a construción de vivendas unifamiliares que sacou á venda mediante un proceso de subasta pública. As persoas adxudicatarias foron Otilia Mejuto López (esposa do alcalde) -unha parcela en Xaz por importe de 153.000 euros máis IVE-, Víctor José Castro Rico -unha parcela en Mera por 38.750 euros máis IVE-, José A. Castro Rodríguez -unha parcela en Mera por 36.850 euros máis IVE- e Pablo Gómez Pineda -unha parcela en Mera por 40.502,12 euros máis IVE-.
A poxa pública, con presentación de oferta en sobre pechado, é o sistema máis transparente e legal que existe na administración pública. Son de lamentar as informacións e difamacións dos grupos da oposición respecto a este asunto.
Aquelas persoas que estean interesadas en adquirir algunha das 24 parecelas propiedade municipal para a construción de vivendas unifamiliares poden compralas directamente polo prezo de saída, durante un prazo de 6 meses. A esposa do alcalde tivo que pagar 2.000 euros máis do tipo establecido ao participar na poxa.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]