O Concello de Oleiros organizará actividades e campamentos de verán infantís e xuvenís

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros organizará actividades e campamentos de verán infantís e xuvenís

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Nos vindeiros días o Concello de Oleiros comunicará a través da páxina web e dos demais medios de comunicación municipais toda a información relativa ás actividades de verán infantís e xuvenís. Ofertarase unha ampla programación de actividades deportivas, educativas e culturais.

Para garantir as medidas de seguridade, a maioría das actividades realizaranse en espazos exteriores. En todos os casos o número de prazas estarán adecuadas ás normativas estipuladas polas autoridades sanitarias.

As preinscricións poderán tramitarse do 25 ao 28 de xuño de maneira telemática na sede electrónica. O 30 de xuño publicaranse as listas de persoas admitidas e o día 1 de xullo será o sorteo, naqueles casos nos que exista máis demanda que prazas. Para confirmar a participación o pagamento deberá realizarse entre o 3 o 8 de xullo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!