[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello logra que a Xunta incremente as frecuencias no novo servizo de transporte de Nós
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Ante as solicitudes do Concello de Oleiros reclamándolle á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade melloras nas frecuencias na liña recentemente licitada que transcorre por unha parte da parroquia de San Pedro de Nós, vai haber dous novos buses en horario matinal e un terceiro a última hora da tarde. As paradas afectadas son as do Vilar, Vilanova, A Chasqueira e Vilares.
“Os veciños de San Pedro de Nós protestaban porque se lles eliminaran os autobuses da primeira hora da mañá no novo servizo, que acaba de entrar en funcionamento. Desde o Concello movímonos e a Xunta aceptou parte das nosas peticións. Nós queríamos máis frecuencias pero van poñer tres buses máis, dous pola mañá e un pola tarde”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]