ESC1

O Concello traslada á Fiscalía a dimisión forzosa da directora do Luis Seoane por posible coacción

O Concello de Oleiros deu traslado no día de hoxe á Fiscalía dos feitos acontecidos coa directora do Colexio Luis Seoane, á que a inspección de educación obrigou a dimitir do seu cargo.

Os feitos que denuncia o Concello aconteceron a raíz do gravísimo abandono dun neno de 4 anos durante toda unha mañá nun autobús por parte da compañía que presta o servizo de transporte escolar. Con posterioridade, a directora do centro foi obrigada a dimitir froito das ameazas da inspección, tal e como manifestou publicamente en diversos medios de comunicación.

Como parte da comunidade educativa e en base ás facultades que en materia educativa lle recoñece a lei, o Concello de Oleiros pretende que se esclarezan os feitos e se investigue pola Fiscalía a posible comisión de delitos por parte da inspección de educación. As actitudes doutras épocas pasadas empregadas para obrigar a dimitir á directora do CEIP Luis Seoane non poden tolerarse, polo ben do ensino público e do normal funcionamento democrático da administración pública.

Novas relacionadas