solo

O Concello de Oleiros vende solo da súa propiedade para a construción de vivendas de aluguer protexido

O Concello de Oleiros ten á venda 4 parcelas de propiedade municipal, adquiridas gratuitamente a través da xestión do solo das novas urbanizacións que se foron creando por todo o municipio. Os solares están situados nas proximidades do campo de golf de Xaz, no centro de Mera, en Oleiros e en Perillo e son para a construción de edificios de pisos de aluguer protexidos, aos prezos taxados pola Consellería de Vivenda. Neste momento, o Estado impide a construción de vivendas protexidas para a súa venda.

A oferta deste solo está dirixido a promotores. Para realizar as adquisicións deben dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.

SOLO PARA VIVENDAS UNIFAMILIARES

O Concello tamén dispón de solo á venda para a construción de vivendas unifamiliares en Xaz, no centro de Mera, en Canide, en Oleiros e en Iñás. Aquelas persoas interesadas en adquirir algunha destas parcelas deben dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.

LISTADO PARCELAS Á VENDA

Novas relacionadas