arillo-estrada-obra

O Concello de Oleiros saca a contratación a construción do carril bici no centro de Arillo

O Concello de Oleiros iniciou o proceso de licitación do tramo de carril bici que transcorrerá polo centro de Arillo, por dentro do Pazo que se atopa nesta zona. A obra ten un custo de 157.205 euros.

Antes de que finalice o ano o Concello contratará as obras para a continuación do paseo e carril bici, que nesta zona terá un ancho de 5 metros. O muro exterior do pazo e as árbores existentes vanse respectar. Construirase un novo muro interior para delimitar a propiedade e será demolida a edificación que hai na esquina do pazo.

Para poder realizar esta obra, o Concello de Oleiros asinou o pasado día 8 de novembro un acordo co propietario do pazo, José Luis Docampo.

Novas relacionadas