O Concello de Carral aumenta a participación cidadá

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Carral aumenta a participación cidadá

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Grazas á aplicación “Cuida Carral” os veciños e veciñas de Carral poderán involucrarse no futuro de Carral.

O novo Equipo de Goberno sempre quixo que os veciños e veciñas participasen en todo o que respecte a Carral, por iso creou a aplicación “Cuida Carral” (dispoñible para IOS e Android) que permite aos veciños e veciñas estar ao día na actualidade municipal e comunicar incidentes ou aportacións.

A aplicación conta cun apartado de incidentes para que os veciños e veciñas comuniquen ao Goberno Local posibles situacións a mellorar e poder arranxalos o antes posible. Permite engadir unha localización do incidente, unha fotografía e un pequeno texto para describila. Ademais poderá estar informado da evolución do seu aporte, saber que se está tramitando e cando estea resolto.

Por outro lado, os usuarios e usuarias tamén recibirán no seu dispositivo as últimas noticias municipais, sabendo en todo o momento o que sucede no municipio.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!