O Concello de Bergondo solicita a colaboración cidadá para eliminar os plumachos
Alternativa dos Veciños impulsa no Concello de Bergondo unha política de erradicación de especies invasoras dada a grande ameaza que supón para a diversidade medioambiental. Este ano, dada a súa importante proliferación, están a eliminarse moitos plumachos de camiños e fincas municipais.
Para que a actuación sexa completa, é preciso a colaboración de veciños e veciñas. As persoas propietarias de parcelas con plumachos tamén teñen unha importancia grande na erradicación desta planta invasora.
Desde o Goberno de Bergondo tamén se está a demandar á Xunta, á Deputación e ao Ministerio de Fomento que eliminen os plumachos das vías da súa competencia.